top of page

COMO SE  FIXO

MÓVETE POR

CANGAS

A descrición do proceso pedagóxico-didáctico da nosa guía audiovisual.

Un proxecto audiovisual que nos fai competentes

 

 

  O CEIP A Rúa, participou,  xunto coa Escola de Bordils (Girona) e o CEIP de Magán (Toledo), no proxecto audiovidual "Piensa, crea, acción" que tiña por finalidade a mellora da calidade do ensino a través dos medios audiovisuais.

 

  Coincidindo no tempo, o profesorado do CEIP A Rúa formou parte dun Proxecto de Formación en Centros sobre Competencias Básicas.

 

  Ambos contextos pedagóxicos-didácticos leváronnos a propoñer ós nosos alumnos/as a tarefa de deseñar unha guía audiovisual do noso pobo, Cangas de Morrazo, para amosarllo ós nosos compañeiros/as de Proxecto, sempre dende a perspectiva do traballo das Competencias Básicas.

bottom of page